Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para medrar sen medidas. Iriña bailarina esculca na ruptura de roles de xénero a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír e xogar ao futbolín ou ser pirata e modificar a súa propia sorte.
Unha reflexión sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles e os estereotipos sociais a través dunha fermosa e divertida proposta.
Máximo de alumnado: 150 persoas en Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, e 100 persoas en Ferrol e A Coruña por cuestión de aforo. Se precisas máis prazas, indícao no apartado de observacións ao reservar.