NORMAS PARA INSCRIBIRSE
Na escolla das actividades poderanse combinar distintas disciplinas.
Artes escénicas
- Prazo de reservas: ata o 30 de setembro de 2026.
- A solicitude farase a través da Área Privada de Centros Educativos, en actividades.afundacion.org. Cada centro recibirá un correo electrónico no seu enderezo oficial da Xunta cunha ligazón para crear o seu propio usuario e contrasinal.
- Unha vez dentro, o centro poderá consultar a oferta educativa, que estará organizada por programas (incluídos os de Artes Escénicas), e solicitar praza na sesión que lle interese.
- Solicitarase praza para un máximo de 150 escolares por centro e actividade (100 no caso da Coruña e de Ferrol por cuestións de capacidade).
- Prezo: 2,5 €/escolar en todas as obras, agás en FAN, que será de 5 €.
- O importe total ingresarase no número de conta ES 91 2080 5000 61 3040323643. No concepto da transferencia, deberase indicar o código de ingreso, que comunicaremos previamente desde Afundación canda a asignación de actividades. O prazo límite para facer o pagamento será o mesmo día da actividade.
- A solicitude quedará rexistrada automaticamente co estado «Solicitada». Desde Afundación, revisarase e confirmarase a asignación e o centro recibirá un correo electrónico coa confirmación.
- O centro poderá consultar en calquera momento o estado da súa solicitude («Solicitada», «Confirmada») desde a Área Privada, sen necesidade de realizar ningún paso adicional de confirmación pola súa parte.
- Se un centro xa ten unha praza confirmada e finalmente non pode asistir, deberá comunicalo canto antes a través do teléfono ou o correo indicados neste documento para poder liberar esa praza e ofrecerlla a outro centro interesado.
- As guías didácticas de cada actividade están dispoñibles para consultar e descargar desde a ficha da actividade.
- Máis información nos teléfonos 986 120 089 e 986 120 078 ou en escolares@afundacion.org.