Música a flor de pel

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

-

Información

«Música a flor de pel» é un concerto didáctico impartido no propio centro educativo e deseñado especificamente para centros de Educación especial. A música convértese aquí nunha canle de comunicación e nun estímulo para o desenvolvemento emocional, afectivo, sensorial e perceptivo do alumnado: favorece a atención, reduce a ansiedade e facilita as relacións, nunha xornada festiva e emotiva adaptada a cada grupo.

Os centros de Educación especial recibirán unha chamada para anotarse á actividade.

O programa ofrece dúas propostas:

Fundación Igual Arte
Entidade sen ánimo de lucro que traballa a arte con persoas con discapacidade, entendéndoa como un dereito de todas e todos. Propón tres formatos, a elixir un:

  • De tapas: concerto de música tradicional que combina xogos e interacción co público.
  • Lavanda: proposta musical infantil con cancións coñecidas (de circo, de debuxos animados, tradicionais) para relacionarse e xogar cos seus personaxes.
  • Música con Sentido: experiencia sensorial que combina música, son, texturas e materiais para traballar a percepción auditiva.

Xoán Curiel e Diana González
Unha actividade-experiencia para escoitar cancións compostas por Xoán Curiel no ámbito das músicas do mundo: reggae, pop, rock, música tradicional etc. O artista e a actriz Diana González crean toda unha experiencia en directo onde aprender algúns ritmos e sons, utilizando elementos teatrais, de narración oral e puntualmente de clown.


Ambos os dous contan cunha ampla traxectoria docente e unha sólida experiencia no traballo con persoas con diversidade funcional. Xoán Curiel impartiu clases de teatro, expresión corporal e voz a colectivos diversos, incluídas persoas con diversidade funcional en asociacións como FADEMGA. Diana González, diplomada en Pedagoxía Terapéutica e actriz, traballou como monitora de persoas con diversidade funcional e como profesora de teatro en proxectos de inclusión.

modalidade

Presencial

LUGAR

no propio centro educativo

ETAPA ESCOLAR

educación especial

DURACIÓN

60 minutos / taller

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

de balde

PERIODO ESCOLAR

primeiro e terceiro trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

Voo

INSCRICIÓN ABERTA