Fan

La Corona Producciones

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

30-09-2026

Información

Cando Canadá acolle no seu ático a Mónica, unha fan obsesionada con Felipe e co suposto traballo televisivo deste, non se imaxina que rematará involucrado no secuestro dunha das estrelas máis famosas do momento. Un encontro fortuíto que cambiará a vida dos tres para sempre, mais non da maneira que cabería esperar. Esta é a viaxe delirante de tres personaxes rotas que buscan ser vistas.

Unha comedia de suspense sobre o ego, a amizade, as mentiras que nos contamos para sobrevivir e, sobre todo, de como ás veces a vida real e a imaxe que proxectamos nas redes sociais non coinciden.

Encontro: despois do espectáculo, o escenario convértese nun foro aberto. Os actores e as actrices da obra, os protagonistas das diferentes series televisivas e o público poderán debater sobre as persoas que consideramos influentes e que non sempre son o que parecen. Un convite a seguir pensando e aprendendo.

Máximo de alumnado: 150 persoas en Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, e 100 persoas en Ferrol e A Coruña por cuestión de aforo. Se precisas máis prazas, indícao no apartado de observacións ao reservar.

modalidade

Presencial

LUGAR

Pontevedra (con lingua de signos), Santiago de Compostela e Vigo

ETAPA ESCOLAR

3.º e 4.º da ESO e 1.º e 2.º de Bacharelato

DURACIÓN

80 minutos

IDIOMA

Castelán

PREZO

5 € por escolar

PERIODO ESCOLAR

outubro

AFORO

-

Datas

O período de inscrición finaliza o 30 de setembro. Non obstante, os centros educativos que o precisen poden presentar a súa petición fóra de prazo poñéndose en contacto co Área Educativa no correo areaeducativa@afundacion.org ou no teléfono 986 120 089.

Descargas

Inscrición

A partir deste curso, o acceso e a xestión de toda a oferta educativa de Afundación faise a través dun novo espazo dixital: a Área Privada de Centros Educativos.

Como accedo?

Cada centro educativo ten xa un usuario creado no seu enderezo de correo oficial (o mesmo que consta na Xunta de Galicia). Se aínda non recibiches o correo co enlace de acceso, revisa a caixa de correo do centro — incluída a carpeta de spam — ou ponte en contacto con nós en areaeducativa@afundacion.org.

Ao premer no enlace por primeira vez, terás que crear o teu propio contrasinal. Por motivos de seguridade, ese contrasinal só o coñeces ti: Afundación non o xestiona nin ten acceso a el.

A partir dese momento, podes entrar en calquera momento en actividades.afundacion.org co teu correo oficial e o contrasinal que creaches.

Importante: isto é unha preinscrición, non unha inscrición confirmada

Cando envías unha solicitude desde a Área Privada, a praza non queda reservada automaticamente. O que fas é unha preinscrición: o noso equipo revisa cada petición para organizar os grupos e coordinar correctamente o calendario de actividades.

En canto a solicitude sexa revisada, recibirás un correo electrónico coa confirmación (ou, se é o caso, co estado da túa solicitude). Non fai falta que fagas ningún paso adicional — nós avisámoste.

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

Voo