Nesta proposta, que toma a percusión e o humor como forma de expresión, a colaboración e o traballo en equipo son indispensables para que todo saia ben. Un espectáculo que, a modo reality, crea a «sinfonía con sintonía perfecta».
Instrumentos de reciclaxe, reciprocidade en todos os números e moito ritmo. Darlles unha segunda vida ás cousas é vital para conservar o que nos rodea.
Máximo de alumnado: 150 persoas en Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, e 100 persoas en Ferrol e A Coruña por cuestión de aforo. Se precisas máis prazas, indícao no apartado de observacións ao reservar.