Nun lugar cincento, vive un señor todo vestido de cor gris que manipula una serie de caixas grises. Un día, chega unha muller cantando e bailando alegremente. Trae un vestido colorido e unha actitude exuberante que non deixa a ninguén indiferente.
Coralinda é unha comedia xestual que aborda a temática da inmigración e do medo ao que é diferente. Unha ollada cómplice, reflexiva e sensible en relación ás experiencias que viven as persoas que viaxan lonxe da súa terra en busca de mellores condicións de vida.
Máximo de alumnado: 150 persoas en Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, e 100 persoas en Ferrol e A Coruña por cuestión de aforo. Se precisas máis prazas, indícao no apartado de observacións ao reservar.