Todas e todos contamos

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

-

Información

«Todas e todos contamos» é unha xornada escolar inclusiva pola creatividade e as artes, impartida por monitores e monitoras con diversidade funcional, na que o alumnado descobre o valor da diversidade como fonte de enriquecemento social e persoal. Unha proposta que elimina barreiras e traballa valores como o esforzo, a empatía, a aceptación da diferenza, a autoestima e o respecto.

As actividades adáptanse a cada etapa educativa:

Infantil e 1.º de Primaria. Contacontos teatralizado (a elixir un):

  • La familia: un conto sobre os distintos tipos de familia que existen (monoparentais, numerosas, con dous pais, con dúas nais…). Despois, na actividade «Creando a miña familia», o alumnado debuxa por grupos as persoas que forman unha familia e úneas para crear un móbil colgante.
  • A serea no océano: un conto sobre a beleza do mar e o dano que sofre pola basura, para concienciar sobre o impacto dos plásticos nos ecosistemas mariños. Incorpora elementos sensoriais e, como actividade, o alumnado decora siluetas de animais mariños e xoga coas súas sombras a través dun proxector.


2.º, 3.º e 4.º de Primaria. Obra de teatro participativa (a elixir unha):

  • As tarefas do fogar entre todas e todos: unha obra chea de humor cunha mensaxe moi seria, a igualdade de xénero, na que o público participa en varias ocasións.
  • Sen luz: unha obra sobre o consumo excesivo de pantallas. Os seus protagonistas están «enganchados» ata que, de súpeto, se vai a luz: a partir de aí, redescobren, xunto ao público, o marabilloso que é xogar.


5.º e 6.º de Primaria. Dous obradoiros que se reparten entre o alumnado:

  • Percusión: tras un pequeno concerto dos monitores e as monitoras, o alumnado participa nun obradoiro de percusión corporal con instrumentos feitos de material reciclado.
  • Globoflexia: unha introdución a esta técnica artística que dá forma a figuras retorcendo globos e que estimula a creatividade e a imaxinación. Tras un primeiro contacto, cada grupo crea unha gran figura conxunta.


ESO. Proxección de curtametraxes e debate:

Proxéctanse dúas curtas de temática inclusiva da Fundación Igual Arte: Con lupa, unha historia cotiá construída sobre os xestos e os silencios, e Por eso, a historia dunha rapaza con diversidade funcional que quere seguir estudando e se atopa con barreiras inesperadas ao matricularse. Tras o visionado ábrese un debate, no que participan algúns dos actores protagonistas.

As actividades requiren un mínimo de 85 e un máximo de 125-150 participantes, segundo a proposta escollida.

modalidade

Presencial

LUGAR

no propio centro educativo

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria e ESO

DURACIÓN

60 minutos / taller

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

3 € por escolar

PERIODO ESCOLAR

primeiro, segundo e terceiro trimestre

AFORO

-

Datas

A inscrición está aberta durante todo o curso educativo. Podes poñerte en contacto coa Área Educativa no correo areaeducativa@afundacion.org ou no teléfono 986 120 089.

Descargas

Inscrición

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

Voo

INSCRICIÓN ABERTA