Coralinda

Elefante Elegante

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

30-09-2026

Información

Nun lugar cincento, vive un señor todo vestido de cor gris que manipula una serie de caixas grises. Un día, chega unha muller cantando e bailando alegremente. Trae un vestido colorido e unha actitude exuberante que non deixa a ninguén indiferente.

Coralinda é unha comedia xestual que aborda a temática da inmigración e do medo ao que é diferente. Unha ollada cómplice, reflexiva e sensible en relación ás experiencias que viven as persoas que viaxan lonxe da súa terra en busca de mellores condicións de vida.

Máximo de alumnado: 150 persoas en Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, e 100 persoas en Ferrol e A Coruña por cuestión de aforo. Se precisas máis prazas, indícao no apartado de observacións ao reservar.

modalidade

Presencial

LUGAR

A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo

ETAPA ESCOLAR

3.º e 4.º de Primaria

DURACIÓN

55 minutos

IDIOMA

Galego

PREZO

2,50 € por escolar

PERIODO ESCOLAR

febreiro e marzo

AFORO

-

Datas

O período de inscrición finaliza o 30 de setembro. Non obstante, os centros educativos que o precisen poden presentar a súa petición fóra de prazo poñéndose en contacto co Área Educativa no correo areaeducativa@afundacion.org ou no teléfono 986 120 089.

Descargas

Inscrición

A partir deste curso, o acceso e a xestión de toda a oferta educativa de Afundación faise a través dun novo espazo dixital: a Área Privada de Centros Educativos.

Como accedo?

Cada centro educativo ten xa un usuario creado no seu enderezo de correo oficial (o mesmo que consta na Xunta de Galicia). Se aínda non recibiches o correo co enlace de acceso, revisa a caixa de correo do centro — incluída a carpeta de spam — ou ponte en contacto con nós en areaeducativa@afundacion.org.

Ao premer no enlace por primeira vez, terás que crear o teu propio contrasinal. Por motivos de seguridade, ese contrasinal só o coñeces ti: Afundación non o xestiona nin ten acceso a el.

A partir dese momento, podes entrar en calquera momento en actividades.afundacion.org co teu correo oficial e o contrasinal que creaches.

Importante: isto é unha preinscrición, non unha inscrición confirmada

Cando envías unha solicitude desde a Área Privada, a praza non queda reservada automaticamente. O que fas é unha preinscrición: o noso equipo revisa cada petición para organizar os grupos e coordinar correctamente o calendario de actividades.

En canto a solicitude sexa revisada, recibirás un correo electrónico coa confirmación (ou, se é o caso, co estado da túa solicitude). Non fai falta que fagas ningún paso adicional — nós avisámoste.

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

Voo