Actividades escolares 

EmocionArte. Obradoiro Literario.

Obradoiros artísticos sobre emocións
con Pedro Feijoo

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

03-09-2024

ATA

-

Información

Os últimos acontecementos sociais demostraron que, máis alá da formación intelectual e física, a educación emocional é fundamental para o desenvolvemento. A atención relacionada con competencias emocionais revelouse, na actualidade, coma unha necesidade á que se enfrontan escolares, profesorado e familias. 

Co obxectivo de dotar de ferramentas aos e ás máis mozas que lles axuden a comprender mellor os seus sentimentos e a súa contorna social, presentamos un programa específico orientado á saúde emocional con conferencias e obradoiros.

Obradoiros artísticos sobre emocións a cargo do escritor Pedro Feijoo. Boa parte do traballo das persoas artistas consiste xustamente en enfrontarse ás súas propias emocións para, a través do proceso creativo, atopar a maneira de darlles forma. Ás veces, trátase de manifestar aquilo que fai que nos sintamos viv@s. Outras, de facerlle cara a aquilo que nos atemoriza. Mais sempre, sempre, comunicándonos. A través da experiencia de Pedro Feijoo aprenderemos a canalizar as emocións para convertelas en algo novo. Unha creación que sexa comunicable e visible. Tanto para as e os demais como, sobre todo, para un e unha mesma…

modalidade

Presencial

LUGAR

No centro educativo

ETAPA ESCOLAR

ESO, Bacharelato e CF

DURACIÓN

1 hora (3 sesiones, tres días da mesma semana)

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

5€/escolar

PERIODO ESCOLAR

2º e 3º trimestre

AFORO

75 escolares, máximo 100-120.

Descargas

Inscrición / información

Podes inscribirte chamando ao 986 120 089.
Escribenos a escolares@afundacion.org

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre saúde mental e adicións co ciclo Educación s. XXI
Saúde mental e adiccións ...

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre sexualidade e relacións co ciclo Educación s. XXI
Sexualidade e relacións ...

INSCRICIÓN ABERTA

Charla sobre saúde mental co ciclo Educación s. XXI
Saúde mental ...

INSCRICIÓN ABERTA

Obradoiro artístico de emocións
Construción da identidade, autoestima, xestión das emocións. ...