Afundación presenta a Iaia Vicenta, un personaxe creado con intelixencia artificial que se converteu nun fenómeno nas redes sociais polos seus contidos sobre educación.
Nesta conferencia, xunto co seu creador Manuel Rossell, abordará como a tecnoloxía está a cambiar a forma de aprender e de relacionarnos. A sesión convida a reflexionar sobre o uso consciente e responsable da IA, poñendo o foco nos valores, a emoción e o pensamento crítico.
Un encontro dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.