Francisco Bellas é Catedrático na Universidade da Coruña (UDC). Leva 25 anos investigando no campo da intelixencia artificial aplicada a diferentes campos da enxeñería.
Nos últimos anos focalizouse no campo da robótica educativa e a IA aplicada á educación. Neste ámbito, participa como asesor sobre alfabetización en IA para a Xunta de Galicia, o Consello de Europa, a UNESCO, a Universidade de Catar e a Fundación Asia-Europa.