Aventura inmersiva que conecta co alumnado retándoo desde a súa realidade cotiá a planificar unha viaxe, percorrendo as diferentes comunidades autónomas de España, ademais, busca sensibilizar a rapazada e a mocidade en xeral sobre a prevención de riscos e valorar a importancia dos seguros e da educación financeira coma unha inversión ante os imprevistos da vida.
O xogo facilita unha aprendizaxe significativa sobre finanzas, ao mesmo tempo que reforza transversalmente outros coñecementos relacionados coa experiencia de planificar unha viaxe, como historia, arte, literatura… e mesmo Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
As aulas que presenten o mellor proxecto recibirán un premio con dotación económica para poder desfrutar da experiencia real.