Con motivo da exposición ÍTACA, unha viaxe pola educación financeira, en Afundación presentamos unha proposta educativa para este verán dirixida a nenos e nenas de 7 a 12 anos.
A través de xogos, retos e actividades prácticas, achegarémonos ao mundo da educación financeira dunha maneira divertida, participativa e adaptada ás súas idades. Cada xornada inclúe unha visita interactiva á exposición, un xogo financeiro para descubrir a utilidade das matemáticas no día a día e obradoiros creativos nos que elaborarán un ábaco, un xogo de mesa e un robot tragamonedas para fomentar o aforro.
Un espazo pensado para aprender, experimentar e desenvolver habilidades útiles para o futuro mentres gozan das vacacións de verán.
Datas e grupos
Grupo IV | 14 ao 17 de xullo
Grupo I | 22, 23, 25 e 26 de xuño
Grupo II | 30 de xuño, 1, 2 e 3 de xullo
Grupo III | 7 ao 10 de xullo