Máis da metade da poboación española non manexa ben as finanzas persoais, segundo datos do Banco de España e a Comisión de Valores (CNMV), un problema social a abordar desde a educación escolar.
Co debate aberto, en ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, continuamos co noso obxectivo de educar nas finanzas e, asemade, botamos a andar ÍTACA, unha exposición interactiva sobre economía básica, utilizando como eixe a Odisea de Ulises.
A Odisea como metáfora dos altibaixos financeiros, será a travesía a superar, chegando cos cartos ata o final.
De balde!
• INFANTIL a 3º PRIMARIA | Visita conto con obradoiro STEAM e de sostibilidade | «Viaxe ao centro do aforro». Estes pequenos e pequenas Ulises montarán unha simpática feira para entender que é iso dos prezos…
• 4º PRIMARIA a 2º ESO | Visita con obradoiro STEAM e de sostibilidade | «Mates aplicadas, aforros e mitoloxía, quen dá máis?». Valéndose das mates, deberán chegar a Ítaca, conservando e aumentando a súa carteira!
• 3º ESO a BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS | Visita comentada | «Ítaca» A Odisea como metáfora dos altibaixos financeiros, será a travesía a superar, chegando cos cartos ata o final.