O teu centro pode seguir desde a aula a conferencia «Crecer hoxe: saúde mental, redes sociais e autoestima» que se emite en directo a través de Afundación TV o mércores, 28 de outubro de 2026, ás 11.00 h (hora peninsular). A actividade é gratuíta e está dirixida a alumnado da ESO, Bacharelato e ciclos formativos.
De que falamos cando falamos de saúde mental?
María Gómez parte desta pregunta para abordar a soidade, as relacións cos demais, a autoestima e o benestar emocional. Todo iso nun contexto marcado polas pantallas e as redes sociais, que moldean a nosa forma de relacionarnos e de sentirnos.
A pregunta «E ti que farías?» convida o alumnado a pensar como afrontar as situacións do día a día. Aínda que non haxa receitas universais, si que existen estratexias prácticas: recoñecer o contexto, identificar os desafíos e buscar maneiras concretas de responder ao que nos pasa.
María Gómez é psicóloga e nas redes coñécemola como @merigopsico. Estudou Psicoloxía na Universidade de Salamanca, é máster xeral sanitario pola Universidade Europea de Madrid e cursou un máster de Actualización e Intervención Psicolóxica e Saúde Mental (UDIMA). Fundou o estudo Sapiens de terapia en liña e suma preto de 700 000 seguidores, a quen anima a falar da tecnoloxía con propósito.
Como seguir a conferencia
A conferencia emítese en directo a través de Afundación TV e cada centro conéctase desde a súa aula. A charla é en castelán.