Prevención de condutas sexistas · Emisión en directo

Iñaki Lajud

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

25-09-2026

ATA

-

Información

O teu centro pode seguir desde a aula o relatorio «Prevención de condutas sexistas» que se emite en directo a través de Afundación TV o mércores, 25 de novembro de 2026, ás 11.00 h (hora peninsular), coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A actividade é gratuíta e está dirixida a alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos.

Preguntar en lugar de sinalar

Iñaki Lajud propón un relatorio interactivo de 45 minutos seguido dunha quenda de preguntas. O enfoque foxe do discurso da culpa e da confrontación: trabállase desde a emoción, non desde a ideoloxía, porque o cambio real nace da identificación persoal.

Obxectivos

  • Comprender a igualdade desde o emocional
  • Ofrecer unha mirada propositiva da masculinidade
  • Xerar reflexión que se traduza en actitudes
  • Contextualizar o papel da pornografía e da manosfera nas expectativas xuvenís sobre que significa «ser home»

Contidos chave

  • Perspectiva de xénero e transversalidade
  • Impacto da pornografía nos guións sexuais
  • Que é a manosfera e por que conecta emocionalmente
  • Estereotipos, custos e privilexios do modelo tradicional
  • A pirámide da violencia, do sutil ao explícito

Iñaki Lajud é psicólogo, consultor de igualdade e sexólogo clínico, especialista en violencia de xénero e novas masculinidades. Creou o proxecto «Fuera de la caja», que cuestiona os modelos de masculinidade hexemónica e promove a igualdade. Conta cunha ampla experiencia en intervención directa, formación de profesionais e docencia universitaria.

Como seguir o relatorio

Emítese en directo a través de Afundación TV e cada centro conéctase desde a súa aula. A charla é en castelán.

modalidade

Online

LUGAR

Afundación TV

ETAPA ESCOLAR

ESO, Bacharelato e ciclos formativos

DURACIÓN

60 minutos

IDIOMA

Castelán

PREZO

De balde

PERIODO ESCOLAR

1.º trimestre

AFORO

-

Datas

25 de novembro ás 11.00 h

Descargas

Inscrición

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA