Crecer hoxe: saúde mental, redes sociais e autoestima

María Gómez

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

-

Información

A psicóloga María Gómez, coñecida nas redes sociais como @merigopsico, ofrece esta conferencia sobre saúde mental de maneira presencial na Sede Afundación Pontevedra e online a través de Afundación TV.  Estudou Psicoloxía na Universidade de Salamanca (USAL), é Máster Xeral Sanitario pola Universidade Europea de Madrid (UEM) e realizou un Máster de Actualización e Intervención Psicolóxica e Saúde Mental (UDIMA). Cunha formación baseada na Análise Funcional da Conduta, fundou o estudo Sapiens de terapia en liña e conta con preto de 700 mil seguidores aos que anima a falar da tecnoloxía con propósito.

María Gómez vén falarnos de saúde mental propoñendo preguntarnos de que falamos exactamente cando usamos esa expresión. Por unha banda, inclúe aspectos como a soidade, as relacións coas demais persoas, a autoestima e o benestar emocional; por outra, está atravesada polo contexto actual, marcado polas pantallas e as redes sociais que moldean a nosa forma de relacionarnos e de sentirnos.

A pregunta «E ti que farías?» invítanos a pensar en como afrontar as distintas situacións do día a día. Non hai receitas universais, pero si estratexias prácticas: recoñecer o contexto, identificar os desafíos e buscar xeitos concretos de responder ao que nos pasa.

modalidade

Presencial, Online

LUGAR

Sede Afundación Pontevedra / Afundación TV

ETAPA ESCOLAR

ESO, Bacharelato e ciclos formativos

DURACIÓN

60 minutos

IDIOMA

Castelán

PREZO

de balde

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Datas

28 de outubro ás 11:00 h.

Descargas

Inscrición

A partir deste curso, o acceso e a xestión de toda a oferta educativa de Afundación faise a través dun novo espazo dixital: a Área Privada de Centros Educativos.

Como accedo?

Cada centro educativo ten xa un usuario creado no seu enderezo de correo oficial (o mesmo que consta na Xunta de Galicia). Se aínda non recibiches o correo co enlace de acceso, revisa a caixa de correo do centro — incluída a carpeta de spam — ou ponte en contacto con nós en areaeducativa@afundacion.org.

Ao premer no enlace por primeira vez, terás que crear o teu propio contrasinal. Por motivos de seguridade, ese contrasinal só o coñeces ti: Afundación non o xestiona nin ten acceso a el.

A partir dese momento, podes entrar en calquera momento en actividades.afundacion.org co teu correo oficial e o contrasinal que creaches.

Importante: isto é unha preinscrición, non unha inscrición confirmada

Cando envías unha solicitude desde a Área Privada, a praza non queda reservada automaticamente. O que fas é unha preinscrición: o noso equipo revisa cada petición para organizar os grupos e coordinar correctamente o calendario de actividades.

En canto a solicitude sexa revisada, recibirás un correo electrónico coa confirmación (ou, se é o caso, co estado da túa solicitude). Non fai falta que fagas ningún paso adicional — nós avisámoste.

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA