Cinema que transforma. Ciclo de curtametraxes sobre acoso, xénero, diversidade e saúde mental

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

11-09-2026

ATA

-

Información

«Cinema que transforma» é un ciclo de curtametraxes, froito da colaboración entre Afundación e FICBUEU, pensado para levar á aula temas como o acoso, a igualdade, a diversidade e as relación afectivas  a saúde emocional. Cada curta vai acompañada dunha unidade didáctica deseñada para abrir o debate co alumnado.

Este recurso está aliñado coa LOMLOE, que dá un papel central á educación emocional, á prevención do acoso e á resolución pacífica de conflitos, ademais de traballar a alfabetización audiovisual.

Como participar?

Escolle unha ou varias curtas, solicita o acceso aos vídeos e á unidade didáctica ao equipo de Afundación e comparte connosco a túa experiencia.

Catálogo de curtametraxes

Tümpel (Charca) | Infantil e ata 3.º de Primaria | 8 minutos. Ver tráiler
Un pequeno arenque sepárase do seu banco e queda atrapado nunha poza. Mentres busca a saída, descobre criaturas mariñas moi diferentes a el. Unha historia sobre o medo ao descoñecido e a xestión das emocións.

Fort comme un lion (Forte coma un león) | de 4.º de Primaria a Bacharelato e CF | 15 minutos. Ver tráiler
Unha mañá de tormenta, Léonard vese obrigado a coller o autobús escolar e enfróntase de cheo ao acoso dos seus compañeiros. Un drama íntimo sobre o sufrimento das vítimas de acoso e o papel activo de quen o presencia.

Onderhuids (Baixo a pel) | ESO, Bacharelato e CF | 20 minutos. Ver tráiler
Keesje, unha adolescente introvertida, practica natación sincronizada coas súas amigas. Por fóra parecen o grupo perfecto, pero baixo a superficie medran as tensións e o acoso encuberto. Un retrato da presión de grupo e da procura da propia identidade.

Proximamente engadiranse ao catálogo os seguintes títulos:

Algo novo que contar | ESO, Bacharelato e CF. Ver tráiler

A menina com olhos ocupados (A nena dos ollos ocupados) | de Infantil a 3.º de Primaria. Ver tráiler

Volles Nest (Niño cheo) | Infantil e ata 3.º de Primaria. Ver tráiler

O agasallo | de 4.º de Primaria a Bacharelato e CF. Ver tráiler

Lluna de sal (Lúa de sal) | ESO, Bacharelato e CF. Ver tráiler

Hello stranger (Ola, descoñecide) | ESO, Bacharelato e CF. Ver tráiler

modalidade

Online

LUGAR

no propio centro educativo, en Afundación TV

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato

DURACIÓN

50 minutos

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

de balde

PERIODO ESCOLAR

de outubro do 2026 a xuño do 2027

AFORO

-

Datas

Ata xuño de 2027.

Descargas

Inscrición

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA