Os contornos naturais cativan a nosa atención, afectan ás nosas emocións e fannos reflexionar. Os lugares da memoria, a Galiza máxica ou a melancolía son algúns dos temas que con frecuencia visitan as e os artistas galegos nas súas representacións paisaxísticas.
A través das obras da Colección de Arte Afundación transitamos por vales, montañas, ríos ou costas bravas que nos guían e fannos conectar de novo coas nosas raíces, ilustrando a diversa e potente presenza da natureza e a paisaxe na creación artística galega desde o século XIX ata a actualidade.
As nosas naturezas son a base do programa escolar orientado a todas as idades, no que combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade:
Etapa escolar:
- Visita conto con obradoiro para escolares desde infantil a 4.º de E.P.: «De pícnic polas nosas naturezas máxicas»
- Visita obradoiro para escolares desde 5.º de E.P. ata 2.º da ESO: «De like en like»
- Visita obradoiro para escolares desde 3.º da ESO, Bacharelato e CF: «VERDE. Natureza e paisaxe na Colección de Arte Afundación»