Máis da metade da poboación española non manexa ben as finanzas persoais, segundo datos do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Un problema social que se pode abordar desde a escola.
Afundación achega ás aulas «Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira», unha proposta didáctica sobre economía básica que toma a Odisea de Ulises como fío condutor. O alumnado aprende a través do xogo os conceptos do aforro, os prezos e a toma de decisións.
Convidamos á comunidade escolar a embarcarse nesta travesía con actividades adaptadas a cada etapa:
Etapa escolar:
- Visita obradoiro desde infantil a 3.º de E.P.: «Viaxe ao centro do aforro»
- Visita obradoiro desde 4.º de E.P. a 2.º da ESO: «Mates aplicadas, aforros e mitoloxía, quen dá máis?»
- Visita obradoiro desde 3.º da ESO, Bacharelato e CF: «Ítaca. A natureza das cousas»