Esta exposición revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Müller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) no norte de España, durante a segunda metade do século XX. Un relato que desvela a súa ollada, fondamente humanista, sobre as xentes traballadoras e a beleza das paisaxes de Galicia, Asturias, Cantabria, o País Vasco e Navarra. Considerado como un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século, da man de Müller enfrontarémonos á riqueza da paisaxe e da cultura e á vida sinxela das xentes do norte.
Etapa escolar:
- Visita conto con obradoiro para escolares desde infantil a 4.º de E.P.: «Cantos da Maruxaina»
- Visita obradoiro para escolares desde 5.º de E.P. ata 2.º da ESO: «Vento mareiro»
- Visita obradoiro para escolares desde 3.º de ESO, Bacharelato e CF: «Nicolás Müller en Galicia»