Conferencia online: A Odisea financeira: atopa a tua Itaca

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

11-09-2026

ATA

04-10-2026

Información

A viaxe de regreso de Ulises a Ítaca, chea de perigos e tempestades, serve como metáfora dos retos das finanzas persoais ao longo da vida.

Ulises tardou dez anos en volver á casa. No camiño aprendeu a decidir baixo risco, a resistir tentacións e a pensar a longo prazo: as mesmas claves dunha boa saúde financeira.

Homero non escribiu un manual de economía, pero puido facelo. No seu regreso a Ítaca, Ulises sortea tormentas, resiste o canto das sereas e elixe unha e outra vez entre o risco inmediato e o obxectivo afastado. Esa travesía é tamén un mapa para entender o diñeiro.

O 5 de outubro, con motivo do Día da Educación Financeira, Afundación propón aos centros educativos unha viaxe pola Odisea para falar de finanzas. A conferencia emítese en directo a través de afundacióntv, para seguila desde a aula, e traza a través dos seus personaxes analoxías con conceptos hoxe imprescindibles: a xestión do diñeiro, a diversificación do risco, a planificación a longo prazo e os ciberriscos..

Unha forma distinta de achegar a educación financeira ao alumnado: non desde a teoría, senón desde unha das historias máis antigas e universais que existen.

Dirixida a alumnado de 3.º e 4.º da ESO, Bacharelato e ciclos de FP.

modalidade

Online

LUGAR

Afundación TV

ETAPA ESCOLAR

ESO, Bacharelato e Ciclos formativos

DURACIÓN

60 minutos

IDIOMA

Castelán

PREZO

de balde

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Datas

5 OUT 2026

Descargas

Inscrición

A partir deste curso, o acceso e a xestión de toda a oferta educativa de Afundación faise a través dun novo espazo dixital: a Área Privada de Centros Educativos.

Como accedo?

Cada centro educativo ten xa un usuario creado no seu enderezo de correo oficial (o mesmo que consta na Xunta de Galicia). Se aínda non recibiches o correo co enlace de acceso, revisa a caixa de correo do centro — incluída a carpeta de spam — ou ponte en contacto con nós en areaeducativa@afundacion.org.

Ao premer no enlace por primeira vez, terás que crear o teu propio contrasinal. Por motivos de seguridade, ese contrasinal só o coñeces ti: Afundación non o xestiona nin ten acceso a el.

A partir dese momento, podes entrar en calquera momento en actividades.afundacion.org co teu correo oficial e o contrasinal que creaches.

Importante: isto é unha preinscrición, non unha inscrición confirmada

Cando envías unha solicitude desde a Área Privada, a praza non queda reservada automaticamente. O que fas é unha preinscrición: o noso equipo revisa cada petición para organizar os grupos e coordinar correctamente o calendario de actividades.

En canto a solicitude sexa revisada, recibirás un correo electrónico coa confirmación (ou, se é o caso, co estado da túa solicitude). Non fai falta que fagas ningún paso adicional — nós avisámoste.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA