Iniciación ao coñecemento dunha biblioteca

Visita comentada. Actividade de dinamización e divulgación lectora para escolares

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

04-09-2025

ATA

10-06-2026

Información

Iniciación ao coñecemento dunha biblioteca. Sesións formativas onde se traballa con seleccións temáticas escollidas e adaptadas aos grupos de idade dende unha perspectiva que facilita a aprendizaxe lúdica e creativa.

Neste curso, continuaremos coa oferta de visitas escolares ademais de servizos de información bibliográfica, préstamo, boletín mensual de novidades, exposicións bibliográficas…

Con máis de 50 anos de historia, a nosa biblioteca está especializada en literatura infantil e xuvenil e conta con 22 000 libros e 750 DVD. Dispón do fondo máis completo de libro infantil e xuvenil publicado en galego. Un centro de referencia para especialistas da LIX coas novidades máis destacadas do panorama literario actual.

Un espazo único para compartir, aprender, imaxinar e crear.

modalidade

Presencial

LUGAR

Biblioteca Infantil Afundación, Santiago de Compostela

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria e primeiros cursos de Secundaria

DURACIÓN

Entre 60 e 90 minutos

IDIOMA

Galego

PREZO

Gratuíta

PERIODO ESCOLAR

Durante o curso escolar

AFORO

-

Descargas

Inscrición / información

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

INSCRICIÓN ABERTA

Xornada escolar inclusiva pola creatividade e as artes