O público infantil aprende con este xogo que o diñeiro non aparece por arte de maxia e entende como xestionar os cartos a través de distintas fases lúdicas.
Actividade presencial nos centros educativos, dirixida a estudantes de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria. A través dunha experiencia baseada no xogo da Oca, o estudantado aprende a valorar o esforzo para poder ter a capacidade de mercar e elixir entre os desexos e as necesidades, así como a xestionar adecuadamente un orzamento mensual para chegar á meta con diñeiro aforrado.