Levamos ao teu centro escolar, de xeito totalmente gratuíto, dous obradoiros presenciais dirixidos a alumnado e a profesorado, respectivamente.
Están a tentar roubar o tesouro da cidade e só os futuros Gardiáns e Gardiás poden detelo! Terán que percorrer distintos puntos da cidade, onde se enfrontarán a diferentes probas, co fin de impedir o roubo.
O alumnado participante dividirase en 5 grupos e cada un terá que superar unha proba diferente. Aínda así, todos serán partícipes de cada proba, dunha forma ou doutra. As probas exporanse a través de diferentes lugares da cidade para introducir a parte didáctica dunha forma máis dinámica e totalmente integrada na historia.
A famosa cidade de Aurópolis é a sede dos Gardiáns do Tesouro, protectores da urbe que transmiten importantísimos coñecementos de Educación Financeira á poboación, á vez que protexen o seu valioso tesouro. Con todo, algo pasou na cidade e os Gardiáns necesitarán da axuda das nenas e nenos presentes para salvar a situación. Lograrano, converténdose así en futuras gardiás e gardiáns do tesouro?
Con estética Steampunk, acorde ao proxecto xeral, presentamos un obradoiro didáctico con toques de Escape Room, no que o alumnado se divirte á vez que adquire e reforza contidos acerca da Educación Financeira.