EmocionArte

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

-

Información

Os últimos acontecementos sociais demostraron que a educación emocional é tan fundamental para o desenvolvemento como a formación intelectual e física. Por iso, desde Afundación presentamos un programa orientado a dotar os máis novos de ferramentas para comprenderse mellor e entender a súa contorna.

Aínda que moitas veces nin sequera nos decatemos, boa parte do traballo das persoas artistas consiste xustamente nisto: enfrontarnos ás nosas propias emocións para, a través do proceso creativo, atopar a maneira de darlles forma. Ás veces trátase de manifestar aquilo que nos fai sentirnos vivos; outras, de plantarlle cara a aquilo que nos atemoriza. Pero sempre comunicándonos, xa sexa coas persoas que nos rodean ou, moi especialmente, con nós mesmos. Sen medo. Con liberdade.

Ao longo de xa case tres décadas, Pedro Feijoo desenvolveu unha intensa carreira como creador, primeiro no campo da música e, posteriormente, no da literatura. E será precisamente de toda esa experiencia da que os participantes neste obradoiro se valerán para atopar a maneira de dar forma a todas esas emocións. Tocando, escribindo, lendo ou compoñendo, aprenderemos a canalizalas para convertelas en algo novo: unha creación comunicable e visible, tanto para os demais como, sobre todo, para nós.

A actividade desenvólvese en 3 sesións de 1 hora, dúas nunha semana e unha na seguinte.

A actividade require un mínimo de 40 e un máximo de 50-75 escolares.

modalidade

Presencial

LUGAR

no propio centro educativo

ETAPA ESCOLAR

2º, 3º y 4º de ESO, Bacharelato y CF Medio

DURACIÓN

1 hora (3 sesións, dous días da mesma semana e un na seguinte)

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

5 € por escolar

PERIODO ESCOLAR

primeiro e segundo trimestre

AFORO

50-75

Descargas

Inscrición

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades

PRÓXIMAMENTE

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA