A exposición itinerante «Castelao grafista. Facsímiles» chega á Casa das letras da Estrada, da man do programa «Corrente cultural» de Afundación. Nesta ampla selección de facsímiles, debuxos e caricaturas, repasamos as múltiples facetas do rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: debuxante, escritor, político e un dos ideólogos máis singulares da cultura galega. Unha ocasión para redescubrir a súa figura e o seu legado a través dunha visita guiada e un obradoiro.
Actividades escolares