Xestión dos cartos a través da gamificación.
O público infantil aprende con este xogo que o diñeiro non aparece por arte de maxia. Aprenden a xestionar os cartos a través de distintas fases do xogo.
Experiencia inmersiva baseada na gamificación, dirixida a estudantes desde 1º a 6º de primaria co obxectivo de que aprendan de maneira colaborativa a distinguir entre o necesario e o desexado.
A través de operacións matemáticas e situacións cotiás entenderán a importancia de xestionar correctamente o diñeiro, o aforro e a solidariedade.
Un grupo de amizades dun Planeta Moitolo, a millóns de galaxias de aquí, despois de viviren moitas aventuras, agora decidiron cumprir o seu gran soño de se poderen mudar ao noso planeta! Esta cuadrilla sempre soñou con viviren todos e todas na mesma casa… pero para conseguilo, precisan facer un grande esforzo. Queredes acompañalos nesta nova aventura? Viríalles moi ben a vosa axuda para atoparen un novo fogar e aprender a xestionar os seus gastos!