ITACA: UNHA VIAXE POLA EDUCACIÓN FINANCEIRA

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

11-09-2026

ATA

-

Información

Máis da metade da poboación española non manexa ben as finanzas persoais, segundo datos do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Un problema social que se pode abordar desde a escola.

Afundación achega ás aulas «Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira», unha proposta didáctica sobre economía básica que toma a Odisea de Ulises como fío condutor. O alumnado aprende a través do xogo os conceptos do aforro, os prezos e a toma de decisións.

Convidamos á comunidade escolar a embarcarse nesta travesía con actividades adaptadas a cada etapa:

Etapa escolar:

  • Visita obradoiro desde infantil a 3.º de E.P.: «Viaxe ao centro do aforro»
  • Visita obradoiro desde 4.º de E.P. a 2.º da ESO: «Mates aplicadas, aforros e mitoloxía, quen dá máis?»
  • Visita obradoiro desde 3.º da ESO, Bacharelato e CF: «Ítaca. A natureza das cousas»

modalidade

Presencial

LUGAR

O Vello Cárcere · Praza da Constitución s/n

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos formativos

DURACIÓN

60 minutos

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

de balde

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Datas

DENDE: 02-10-2026
ATA: 13-12-2026

Descargas

Inscrición

A partir deste curso, o acceso e a xestión de toda a oferta educativa de Afundación faise a través dun novo espazo dixital: a Área Privada de Centros Educativos.

Como accedo?

Cada centro educativo ten xa un usuario creado no seu enderezo de correo oficial (o mesmo que consta na Xunta de Galicia). Se aínda non recibiches o correo co enlace de acceso, revisa a caixa de correo do centro — incluída a carpeta de spam — ou ponte en contacto con nós en areaeducativa@afundacion.org.

Ao premer no enlace por primeira vez, terás que crear o teu propio contrasinal. Por motivos de seguridade, ese contrasinal só o coñeces ti: Afundación non o xestiona nin ten acceso a el.

A partir dese momento, podes entrar en calquera momento en actividades.afundacion.org co teu correo oficial e o contrasinal que creaches.

Importante: isto é unha preinscrición, non unha inscrición confirmada

Cando envías unha solicitude desde a Área Privada, a praza non queda reservada automaticamente. O que fas é unha preinscrición: o noso equipo revisa cada petición para organizar os grupos e coordinar correctamente o calendario de actividades.

En canto a solicitude sexa revisada, recibirás un correo electrónico coa confirmación (ou, se é o caso, co estado da túa solicitude). Non fai falta que fagas ningún paso adicional — nós avisámoste.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA