Comedy Wildlife. Premios de fotografía

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

-

Información

Chega a Lugo o prestixioso Premio Comedy Wildlife Photo, creado en 2015 por profesionais da imaxe que comparten a paixón pola vida salvaxe e queren axudar a promover a conservación do medio ambiente. Esta mostra reúne o mellor do concurso, un dos máis divertidos do mundo, con imaxes premiadas e moi populares de animais, que transcenden todas as culturas e idiomas e demostran que tamén eles senten. Prometen cativar e entreter todas as idades a través do humor: van arrincarvos moitos sorrisos e mesmo algunha gargallada.

Etapa escolar:

  • Visita conto con obradoiro para escolares desde infantil a 4.º de E.P.: «Comediantes da vida salvaxe»
  • Visita obradoiro para escolares desde 5.º de E.P. ata 2.º da ESO: «Sostibilidade e tecnoloxía para preservar o sorriso da vida salvaxe»
  • Visita obradoiro para escolares desde 3.º da ESO, Bacharelato e CF: «Comedy Wildlife»

modalidade

Presencial

LUGAR

Sede Afundación Lugo

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos formativos

DURACIÓN

90 minutos

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2€ por escolar

PERIODO ESCOLAR

Primeiro trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

A partir deste curso, o acceso e a xestión de toda a oferta educativa de Afundación faise a través dun novo espazo dixital: a Área Privada de Centros Educativos.

Como accedo?

Cada centro educativo ten xa un usuario creado no seu enderezo de correo oficial (o mesmo que consta na Xunta de Galicia). Se aínda non recibiches o correo co enlace de acceso, revisa a caixa de correo do centro — incluída a carpeta de spam — ou ponte en contacto con nós en areaeducativa@afundacion.org.

Ao premer no enlace por primeira vez, terás que crear o teu propio contrasinal. Por motivos de seguridade, ese contrasinal só o coñeces ti: Afundación non o xestiona nin ten acceso a el.

A partir dese momento, podes entrar en calquera momento en actividades.afundacion.org co teu correo oficial e o contrasinal que creaches.

Importante: isto é unha preinscrición, non unha inscrición confirmada

Cando envías unha solicitude desde a Área Privada, a praza non queda reservada automaticamente. O que fas é unha preinscrición: o noso equipo revisa cada petición para organizar os grupos e coordinar correctamente o calendario de actividades.

En canto a solicitude sexa revisada, recibirás un correo electrónico coa confirmación (ou, se é o caso, co estado da túa solicitude). Non fai falta que fagas ningún paso adicional — nós avisámoste.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA