Que se agocha baixo a superficie do mar? Desde hai máis de tres décadas, a Semana de Cine Submarino da Universidade de Vigo achega ao alumnado ao fondo do océano cunha selección de documentais e curtametraxes sobre a vida mariña e a súa conservación.
A vindeira edición celébrase no auditorio do Teatro Afundación Vigo, do 3 ao 5 de novembro de 2026, con sesións organizadas por nivel educativo.
Sesións por nivel
- Martes 3 e mércores 4 de novembro: 5.º e 6.º de Primaria
- Xoves 5 de novembro: ESO
Coidar o océano, un obxectivo compartido
A Semana de Cine Submarino está aliñada co obxectivo 14 da Axenda 2030, dedicado á conservación dos océanos e dos recursos mariños. Unha oportunidade para achegar o coñecemento e o coidado do mar ás novas xeracións.
O programa de proxeccións confirmarase proximamente.
Preinscribe agora o teu centro para reservar praza. En canto se peche o programa, avisarémoste con toda a información.