Afundación presenta unha nova sesión do ciclo EDUCACIÓN S. XXI da man de Participación Cidadá da Policía Nacional, dirixida a alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
A conferencia abordará ferramentas e recursos para a prevención, detección e actuación fronte ao abuso sexual, fomentando a sensibilización, a protección e a importancia de pedir axuda ante situacións de risco.
A actividade celebrarase simultaneamente en sete sedes Afundación de Galicia e poderá seguirse tamén en directo a través de Afundacion.tv, facilitando así o acceso dos centros educativos desde calquera punto.
Un encontro formativo e de concienciación para promover espazos seguros e reforzar o compromiso colectivo coa protección da infancia e da mocidade.