Lucense de nacemento, Tino Grandío é unha figura clave da arte galega; a súa obra fusiona as
raíces galegas cunha linguaxe moderna, dando lugar a unha forma de expresión única e persoal
que o converteu nun dos artistas máis destacados do século XX.
Convidamos toda a comunidade escolar a facer un repaso polo universo creativo de Tino Grandío
con actividades para todas as idades:
- INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita conto con obradoiro | «Planeta gris: cor e forma»
- 5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita obradoiro | «Unha soa cor, moitas paisaxes»
- 3º ESO a BACHARELATO e CF | Visita obradoiro | «Tino Grandío. Correspondencias»