Plantando árbores con pinceis

Obradoiro

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2025

ATA

31-12-2025

Información

Anovador proxecto escolar pola sostibilidade, que une cultura e creatividade. 

Imos realizar un mural con pinturas sostibles no teu centro! Faremos murais artísticos, colaborativos e ecolóxicos a través de pinturas fotocatalíticas que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases xerados pola industria ou o tráfico rodado. Unha proposta que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto polo medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

O proxecto consiste en coordinar o alumnado participante para pintar un mural con temáticas relacionadas co medio ambiente, nunha parede designada polo centro. 

A actividade complétase con dous obradoiros, onde se tentará que o alumnado tome conciencia sobre a importancia de coidar da natureza:

  • Estampaxe con pinturas fotocatalíticas. O alumnado participante realizará un padrón, relacionada co coidado do medio ambiente, que logo se estampará nos lugares que o centro decida. 

Ademais, Afundación levará un padrón do Proxecto O mar empeza aquí, unha campaña de actuación e sensibilización no marco do programa «Educación para a sostibilidade» co que se pretende promocionar un conxunto de boas prácticas ambientais que permiten concienciarnos sobre a inmensa relevancia das pequenas accións do noso día a día. O mar empeza aquí forma parte dun movemento internacional para visibilizar a facilidade coa que residuos urbanos como papeis, plásticos, cabichas ou outros elementos de tamaño reducido, que se lanzan nas rúas ou na rede de sumidoiros, poden acabar directamente no mar. Por todo isto, nesta ocasión, o alumnado verá como se estampa este padrón nun dos sumidoiros que hai no centro. 

  • Pintado de bolsas de tea con pinturas non contaminantes, no que se traballará a temática ambiental desde un enfoque creativo e participativo.

ESPAZOS

Actividade presencial nos propios centros escolares. En interior ou exterior, segundo as condicións meteorolóxicas o permitan.

modalidade

Presencial

LUGAR

No propio Centro educativo

ETAPA ESCOLAR

3º, 4º, 5º, 6º Primaria; ESO e Bacharelato

DURACIÓN

50-60 minutos cada obradoiro

IDIOMA

Galego

PREZO

5 € cada escolar

PERIODO ESCOLAR

Todo o periodo escolar

AFORO

Mínimo participantes 100 alumn@s, máximo 125

Descargas

Inscrición / información

INSCRICIÓNS e máis información no teléfono 986 120 089

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN COMPLETA

Visita completa

INSCRICIÓN ABERTA

Visita comentada completa a Naturnova

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

Visita comentada completa al museo