Esta exposición revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) no norte de España, durante a segunda metade do século XX. Un relato que desvela a súa ollada, fondamente humanista, sobre as xentes traballadoras e a beleza das paisaxes de Galicia, Asturias, Cantabria, O País Vasco e Navarra. Considerado como un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século, da man de Muller enfrontarémonos á riqueza da paisaxe e da cultura e á vida sinxela das xentes do norte.
• INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita conto con obradoiro STEAM e de sostibilidade | «Cantos da Maruxaina»
• 5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita con obradoiro STEAM e de sostibilidade | «Vento mareiro»
• 3º e 4º ESO, BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS | Visita comentada con obradoiro opcional | «Nicolás Muller. Vento Norte»