Afundación inicia este curso escolar un proxecto de obradoiros presenciais dirixido ao persoal docente e de apoio de todos os Centros de Educación Especial de Galicia. Conscientes da importancia da música como canle de comunicación e incentivo para melloras cognitivas, socioemocionais e motrices, poñemos en marcha unha actividade chea de emocións e sentimentos co obxectivo de axudar as e os profesionais a levar novos recursos non só á aula, senón tamén ás súas vidas.
PERCUTERAPIA: Ritmo, Emoción e Neuroestimulación na aula
Para ampliar o proxecto «Música a flor de pel», e tendo en conta as necesidades que hai nos centros escolares de educación especial, impartirase un obradoiro por colexio para o profesorado, coidadores/as e persoal de apoio, onde, conscientes da importancia de aprender a liberar tensións e equilibrar as emocións do estudantado, o musicoterapeuta Pedro Campos traballará no uso terapéutico do ritmo mediante a técnica da Percuterapia para mellorar o desenvolvemento emocional, cognitivo e sensorial do alumnado con discapacidade funcional.
Tratarase de formación teórico-práctica, vivencial e adaptada a contextos reais. Materiais sinxelos, dinámicas participativas e enfoque inclusivo.
IMPARTIDO POR PEDRO CAMPOS
PERCUTERAPIA, MUSICOTERAPIA
Pedro Campos
Creador de Percuterapia · Mestrado en Neuropsicoloxía e Deterioracións Cognitivas.
Musicoterapeuta · Experto en Intelixencia Emocional e Coaching.
Especialista en adestramento, estimulación e rehabilitación cognitiva.
Membro do Consello Mundial de Académicos/as e Investigadores/as Universitarios/as (COMAU).
ESPAZOS
Esta actividade está dirixida exclusivamente aos Centros de Educación Especial de Galicia. Realizarase nos propios centros escolares de Educación Especial en xornada de tarde