Programa Interxeracional “O Valor da Experiencia”

Programas interxeracionais

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

25-09-2025

ATA

30-11-2025

Información

O aumento da esperanza de vida é unha das transformacións sociais máis importantes do último século, e constitúe un reflexo da mellora continuada nas condicións sanitarias, económicas e sociais. 

A nosa sociedade é cada vez máis multixeracional e  lonxeva, pero a fragmentación por idades segue a ser unha característica da mesma, existindo moi poucas oportunidades para o diálogo e a colaboración entre persoas de distintas xeracións fóra do ámbito familiar. Por iso, en Afundación Obra Social ABANCA, a través do programa «O valor da experiencia» favorecemos espazos de encontro e de diálogo entre maiores e mocidade para fomentar a interacción, o entendemento, o intercambio de coñecementos e experiencias que contribúan a reverter o idadismo e os estereotipos negativos sobre o envellecemento e, así, contribuír a unha sociedade máis cohesionada.

Diálogo interxeracional, superación, adaptación, debate, emigración galega.

As historias de vida das persoas maiores na emigración son o eixe do programa, articulado a través de dous encontros nos centros de secundaria, que veñen precedidos dun traballo preparatorio apoiado en material e recursos didácticos. Maiores e estudantes comparten experiencias, reflexións e emocións, establecendo relacións baseadas no respecto mutuo.

Para o estudantado supón a oportunidade de coñecer a historia da emigración da man dos e das súas protagonistas e de aprender valores de emprendemento, esforzo, superación e adaptación; para as persoas maiores que participan como voluntarias da iniciativa, sentírense escoitadas, útiles e recoñecidas; e para a comunidade educativa en xeral, poder experimentar con novas modalidades de aprendizaxe non formal.

modalidade

Presencial

LUGAR

No propio Centro educativo preferentemente en (A Coruña, Betanzos, Ferrol, Lugo, Monforte, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Santiago, Vigo e Viveiro)

ETAPA ESCOLAR

2º,3º,4º ESO 1º Bacharelato

DURACIÓN

2 encontros nas aulas de 1 h 30 min cada un

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

De balde

PERIODO ESCOLAR

Todo o periodo escolar

AFORO

-

Descargas

Inscrición / información

Escribenos a envejecimientoactivo@afundacion.org
Podes inscribirte chamando ao 981 580 385.

Os teus datos personais os trataremos en «Fundación Galicia Obra Social» para xestionar a túa inscrición e, se nos das a túa autorización, tamén para enviarte información comercial sobre outras actividades ou servizos organizados ou patrocinados por Afundación. Os conservaremos ata que nos retires a túa autorización e, por se houbera algunha reclamación, durante os prazos legalmente establecidos. 
Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidade que te recoñece a lexislación vixente a través de rgpd@afundacion.org ou incluso, se o consideras oportuno, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Los campos marcados con * son obligatorios en el momento del envío de la información.

Outras actividades