Proxección de documentais para coñecer e poñer en valor o ecosistema do noso planeta.
ILLAS CÍES: BIODIVERSIDADE AMEAZADA
Galicia | 6 minutos | castelán
Proxecto | Jose Irisarri
Realización e produción | Jose Irisarri/luzlux
Imaxe submarina | Jose Irisarri, Jordi Atienza e Manuel E. Garci
Imaxe aérea e terrestre | Fernando Rey, Suso Bande, Iradier Rovira, Pablo Martínez e
Santiago Blanco
Asesores científicos e colaboradores | Rafael Bañon e Jade Irisarri.
A finais do século XIX, segundo fontes da época, as lagostas capturadas en augas de
Galicia e o Cantábrico ascendían a 9.000.000 de exemplares! A mediados do século XX,
as capturas de lagosta aínda eran importantes, uns 4.000 kg por barco durante a
campaña de tres meses. O expatrón da Confraría de pescadores Santa Tegra da
Guarda, Francisco Pérez, aínda lembra as impresionantes capturas a finais dos sesenta,
cando os mariñeiros locais capturaban ata 5.000 kg á semana.
As lagostas desapareceron das Illas Cíes a mediados dos anos 80. De nós depende que
isto non volva producirse con outras especies que mostran un acusado declive nas
últimas décadas. As reservas mariñas son instrumentos de preservación da
biodiversidade, que demostraron os seus excelentes resultados en moitísimas partes
do mundo.
Recuperar as lagostas en augas das Illas Cíes é posible.
MARCADOS PARA SOBREVIVIR
Galicia | 52 minutos | Galego
Produción e proxecto | Jose Irisarri
Guión e dirección | Manuel Uhía
Imaxe submarina | Jose Irisarri, Manuel E. Garci e Gonzalo Mucientes
Asesores científicos | David Villegas e Gonzalo Mucientes (IIM-CSIC), Nuno Queiroz
(Cibio), Eduardo González Gurriarán (Universidade da Coruña)
Imaxe aérea e terrestre | Guillermo González.
A bioloxía está a avanzar máis que nunca para obter datos que permitan descifrar as
vidas das especies mariñas, así como a súa interrelación cos organismos da súa
contorna. Para conseguilo, dispoñen actualmente de sistemas inimaxinables hai
décadas, como a tecnoloxía GPS, a telemetría acústica e programas informáticos para
procesar miles de datos obtidos mediante estes equipos. O documental describe os
avances realizados nos últimos anos no estudo de raias e centolas e outros peixes na
costa de Galicia e de quenllas peláxicas no océano Atlántico. A información así obtida
será clave para establecer criterios de pesca responsable e sostible que preserve estas
especies.