Un dos artistas contemporáneos con maior recoñecemento nacional e internacional chega á Sede Afundación Santiago de Compostela. Medalla de ouro das Belas Artes, Premio Nacional de Fotografía e Premio da Fábrica, Chema Madoz presenta «A natureza das cousas», unha viaxe a través da imaxinación, as asociacións imposibles e o realismo poético que transforma o cotián en sorpresa.
Convidamos a toda a comunidade escolar a descubrirmos o universo fotográfico de Chema Madoz con actividades para todas as idades:
• INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita conto con obradoiro | «Nas nubes»
• 5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita obradoiro | «Cousas que contan historias»
• 3º ESO a BACHARELATO e CF | Visita obradoiro | «A natureza das cousas. Chema Madoz»