A viaxe de regreso de Ulises a Ítaca, chea de perigos e tempestades, serve como metáfora dos retos das finanzas persoais ao longo da vida.
Ulises tardou dez anos en volver á casa. No camiño aprendeu a decidir baixo risco, a resistir tentacións e a pensar a longo prazo: as mesmas claves dunha boa saúde financeira.
Homero non escribiu un manual de economía, pero puido facelo. No seu regreso a Ítaca, Ulises sortea tormentas, resiste o canto das sereas e elixe unha e outra vez entre o risco inmediato e o obxectivo afastado. Esa travesía é tamén un mapa para entender o diñeiro.
O 5 de outubro, con motivo do Día da Educación Financeira, Afundación propón aos centros educativos unha viaxe pola Odisea para falar de finanzas. A conferencia emítese en directo a través de afundacióntv, para seguila desde a aula, e traza a través dos seus personaxes analoxías con conceptos hoxe imprescindibles: a xestión do diñeiro, a diversificación do risco, a planificación a longo prazo e os ciberriscos..
Unha forma distinta de achegar a educación financeira ao alumnado: non desde a teoría, senón desde unha das historias máis antigas e universais que existen.
Dirixida a alumnado de 3.º e 4.º da ESO, Bacharelato e ciclos de FP.