Simulador empresarial no que o alumnado tomará todo tipo de decisións empresariais de marketing, recursos humanos e finanzas.
Dirixir unha empresa implica analizar, planificar, executar e controlar, e todo iso a través de decisións. Precisamente esas decisións son as que se introducen no simulador. «Young Business Talents» permitiravos emular con precisión o que ocorre no mundo empresarial.
É o único programa gratuíto de simulación empresarial co que adquirir experiencia coa práctica e tomar todo tipo de eleccións dentro dunha empresa. Primeiro, participaredes nunha competición rexional e os primeiros clasificados pasarán á fase nacional; un incentivo que fai aínda máis apaixonante a experiencia.