Os escolares descubrirán o impacto das especies invasoras nos ecosistemas de Galicia. Aprenderán a identificar as plantas e animais non autóctonos máis frecuentes da nosa contorna e comprenderán os riscos que representan para a biodiversidade e as especies nativas. Unha experiencia educativa deseñada para fomentar a conciencia ambiental, o respecto polo patrimonio natural galego e a importancia da súa conservación.
Actividades escolares