VERDE. Natureza e paisaxe na Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

-

Información

Os contornos naturais cativan a nosa atención, afectan ás nosas emocións e fannos reflexionar. Os lugares da memoria, a Galiza máxica ou a melancolía son algúns dos temas que con frecuencia visitan as e os artistas galegos nas súas representacións paisaxísticas.

A través das obras da Colección de Arte Afundación transitamos por vales, montañas, ríos ou costas bravas que nos guían e fannos conectar de novo coas nosas raíces, ilustrando a diversa e potente presenza da natureza e a paisaxe na creación artística galega desde o século XIX ata a actualidade.

As nosas naturezas son a base do programa escolar orientado a todas as idades, no que combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade:

Etapa escolar:

  • Visita conto con obradoiro para escolares desde infantil a 4.º de E.P.: «De pícnic polas nosas naturezas máxicas»
  • Visita obradoiro para escolares desde 5.º de E.P. ata 2.º da ESO: «De like en like»
  • Visita obradoiro para escolares desde 3.º da ESO, Bacharelato e CF: «VERDE. Natureza e paisaxe na Colección de Arte Afundación»

modalidade

Presencial

LUGAR

Sede Afundación A Coruña

ETAPA ESCOLAR

Infantil , Primaria, ESO , Bacharelato e Ciclos formativos

DURACIÓN

90 minutos

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2€ por escolar

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

A partir deste curso, o acceso e a xestión de toda a oferta educativa de Afundación faise a través dun novo espazo dixital: a Área Privada de Centros Educativos.

Como accedo?

Cada centro educativo ten xa un usuario creado no seu enderezo de correo oficial (o mesmo que consta na Xunta de Galicia). Se aínda non recibiches o correo co enlace de acceso, revisa a caixa de correo do centro — incluída a carpeta de spam — ou ponte en contacto con nós en areaeducativa@afundacion.org.

Ao premer no enlace por primeira vez, terás que crear o teu propio contrasinal. Por motivos de seguridade, ese contrasinal só o coñeces ti: Afundación non o xestiona nin ten acceso a el.

A partir dese momento, podes entrar en calquera momento en actividades.afundacion.org co teu correo oficial e o contrasinal que creaches.

Importante: isto é unha preinscrición, non unha inscrición confirmada

Cando envías unha solicitude desde a Área Privada, a praza non queda reservada automaticamente. O que fas é unha preinscrición: o noso equipo revisa cada petición para organizar os grupos e coordinar correctamente o calendario de actividades.

En canto a solicitude sexa revisada, recibirás un correo electrónico coa confirmación (ou, se é o caso, co estado da túa solicitude). Non fai falta que fagas ningún paso adicional — nós avisámoste.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA