Nicolás Müller en Galicia (Ourense)

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2026

ATA

-

Información

Esta exposición revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Müller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) no norte de España, durante a segunda metade do século XX. Un relato que desvela a súa ollada, fondamente humanista, sobre as xentes traballadoras e a beleza das paisaxes de Galicia, Asturias, Cantabria, o País Vasco e Navarra. Considerado como un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século, da man de Müller enfrontarémonos á riqueza da paisaxe e da cultura e á vida sinxela das xentes do norte.

Etapa escolar:

  • Visita conto con obradoiro para escolares desde infantil a 4.º de E.P.: «Cantos da Maruxaina»
  • Visita obradoiro para escolares desde 5.º de E.P. ata 2.º da ESO: «Vento mareiro»
  • Visita obradoiro para escolares desde 3.º de ESO, Bacharelato e CF: «Nicolás Müller en Galicia»

modalidade

Presencial

LUGAR

Sala de exposicións Afundación Ourense

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO , Bacharelato e Ciclos formativos

DURACIÓN

90 minutos

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2€ por escolar

PERIODO ESCOLAR

Primeiro trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición

A partir deste curso, o acceso e a xestión de toda a oferta educativa de Afundación faise a través dun novo espazo dixital: a Área Privada de Centros Educativos.

Como accedo?

Cada centro educativo ten xa un usuario creado no seu enderezo de correo oficial (o mesmo que consta na Xunta de Galicia). Se aínda non recibiches o correo co enlace de acceso, revisa a caixa de correo do centro — incluída a carpeta de spam — ou ponte en contacto con nós en areaeducativa@afundacion.org.

Ao premer no enlace por primeira vez, terás que crear o teu propio contrasinal. Por motivos de seguridade, ese contrasinal só o coñeces ti: Afundación non o xestiona nin ten acceso a el.

A partir dese momento, podes entrar en calquera momento en actividades.afundacion.org co teu correo oficial e o contrasinal que creaches.

Importante: isto é unha preinscrición, non unha inscrición confirmada

Cando envías unha solicitude desde a Área Privada, a praza non queda reservada automaticamente. O que fas é unha preinscrición: o noso equipo revisa cada petición para organizar os grupos e coordinar correctamente o calendario de actividades.

En canto a solicitude sexa revisada, recibirás un correo electrónico coa confirmación (ou, se é o caso, co estado da túa solicitude). Non fai falta que fagas ningún paso adicional — nós avisámoste.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA