Pasou moito tempo desde que Alicia visitou Wonderland por última vez. Tweedle Dee e Tweedle Doo, vendo como o seu esplendor se vai apagando, deciden renovarse, adaptarse aos tempos e transformarse en YouTubers! Conseguirán os xemelgos deixar atrás o seu pasado e conquistar as redes? Serán quen de escapar da longa sombra de Alicia? Descúbreo nesta divertida viaxe polo universo de Lewis Carroll cun final «Made in Nintendo!».
Unha experiencia práctica e entretida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.