MISTURAS

Música e audiovisual
Fundación Igual Arte

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2025

ATA

-

Información

Un espectáculo audiovisual con música orixinal en directo que percorre un camiño de luces e sombras, convidándonos a viaxar por temáticas onde a mistura é protagonista, presente dende o inicio ata o final dos nosos días, sendo actriz principal no milagre da vida.

A posta en escena é un berro que defende todos os matices, apostando pola conquista do diferente, pola pluralidade e diversidade, facéndonos conscientes de que esta non pode ser incómoda e convidándonos a saír da casca e do medo.

A Fundación Igual Arte traballa con persoas con diversidade funcional no eido artístico dende 2002. Nace da premisa de que a arte é un dereito colectivo e, partindo disto, crea a primeira escola artística estable. No 2008 pon en marcha o primeiro centro ocupacional artístico, perseguindo a especialización para a integración laboral.

Aviso: neste espectáculo inclúese contido sensible: semiespido con fins artísticos nun vídeo de 4 minutos.

modalidade

Presencial

LUGAR

Pontevedra, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo

ETAPA ESCOLAR

5º e 6º Primaria

DURACIÓN

55 minutos

IDIOMA

Galego

PREZO

2,5€ cada escolar

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Datas

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Auditorio ABANCA

10 de novembro ás 10 e 12 horas

 

A CORUÑA

Auditorio Sede Afundación

6 de novembro ás 10 e 12 horas

 

FERROL

Auditorio Sede Afundación

7 de novembro ás 10 e 12 horas

 

LUGO

Auditorio Municipal Gustavo Freire

12 de novembro ás 10 e 12 horas

 

OURENSE

Auditorio Municipal

13 de novembro ás 10 e 12 horas

 

PONTEVEDRA

Auditorio Sede Afundación

4 e 5 de novembro ás 10 e 12 horas

Descargas

Inscrición / información

Instruccións: as inscricións nas actividades de artes escénicas realizanse exclusivamente a través do portal de centros de Afundación ó que podes acceder pulsando no botón “Acceso a centros”. Recorda que cada centro ten un usuario e chave única. Máis información no teléfono 986 12 00 89. 

Recordamos que se a inscripción está pechada pode consultar telefónicamente a dispoñibilidades.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

Concertos didácticos

INSCRICIÓN ABERTA

Teatro de actor

INSCRICIÓN PECHADA

Teatro de actor

INSCRICIÓN PECHADA

Teatro de actor