Da man deste espectáculo coñeceremos o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Máis saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. Dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para todas as persoas. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade.
Actividades escolares