DESEXO

Teatro de actor
Talía Teatro

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2025

ATA

-

Información

Como foi a nosa educación sexual? Estamos realmente preparados para vivir unha sexualidade sa? Sabemos relacionarnos desde o respecto e a empatía? E sobre todo… somos quen de educar ás futuras xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que impacto ten iso na maneira en que desexamos, nos relacionamos ou nos entendemos?

Observemos o que nos rodea: as cancións que escoitamos, os anuncios que vemos, os contidos que consumimos. Vivimos na era do desexo, na sociedade máis sexualizada da historia, e aínda así, o sexo segue a ser un tema cheo de silencios, prexuízos e tabús.

ENCONTRO

Despois do espectáculo, o escenario convértese nun foro aberto: O director do espectáculo: Diego Rey, intérpretes: Marta Ríos e Dani Trillo, unha sexóloga profesional: Bárbara Penas, e o público, atoparanse para debullar o visto, escoitarse e falar sen tabús. Un convite a seguir pensando e aprendendo xunt@s.

modalidade

Presencial

LUGAR

Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

ETAPA ESCOLAR

3º, 4º ESO e 1º, 2º Bacharelato

DURACIÓN

80 minutos

IDIOMA

Galego

PREZO

5€ cada escolar

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Datas

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Auditorio ABANCA

28 OUT | 10.00 e 12.00 horas

 

PONTEVEDRA

Auditorio Sede Afundación

27 de outubro ás 10 e 12 horas

 

VIGO

Auditorio Teatro Afundación

29 de outubro ás 10 e 12 horas

Descargas

Inscrición / información

Instruccións: as inscricións nas actividades de artes escénicas realizanse exclusivamente a través do portal de centros de Afundación ó que podes acceder pulsando no botón “Acceso a centros”. Recorda que cada centro ten un usuario e chave única. Máis información no teléfono 986 12 00 89. 

Recordamos que se a inscripción está pechada pode consultar telefónicamente a dispoñibilidades.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

Concertos didácticos

INSCRICIÓN PECHADA

Teatro de actor

INSCRICIÓN PECHADA

Teatro de actor

INSCRICIÓN ABERTA

Música e audiovisual