Esta exposición reúne por primeira vez unha coidada escolma de obras pertencentes a dúas das coleccións privadas máis relevantes do panorama artístico español: a Colección ABANCA e a Colección Fundación Bancaja. Esta mostra ofrece a oportunidade de contemplar un percorrido visual e emocional pola historia da arte moderna e contemporánea, a través dun diálogo estético e conceptual entre pezas que, aínda que nadas en contextos distintos, atopan sorprendentes puntos de encontro.
Poderán descubrir obras de figuras esenciais como Picasso, Miró, Tàpies, Chillida, Millares, Equipo Crónica ou Barceló, entre moitos outros.
- INFANTIL a 4° PRIMARIA | Visita conto con obradoiro STEAM e de sostibilidade | «As estrelas do firmamento tamén queren saber pintar»
- 5° PRIMARIA a 2° ESO | Visita con obradoiro STEAM e de sostibilidade | «Tempestades creativas, furacáns de pintura e formas que transforman»
- BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS | Visita comentada | «Arte Contemporánea. Fundación Bancaja e Colección ABANCA»