«Nós tamén fomos emigrantes» reúne na Casa da cultura Pintor Lloréns de Sada corenta fotografías do arquivo da Axencia EFE sobre a emigración galega e española do século XX. Estes retratos próximos, tomados desde unha perspectiva profesional e humana, narran as circunstancias vitais da xeración dos nosos pais, nais, avós e avoas, que deixaron a súa terra na procura dun futuro mellor. A mostra, do programa «Corrente cultural» de Afundación, complétase cunha visita e un obradoiro para o alumnado
Actividades escolares